Emoción e memoria prospectivateoría e aplicación
- Fernando Gordillo León 3
- José M. Arana Martínez 1
- Juan José García Meilán 1
- Juan Carro Ramos 1
- Lilia Mestas Hernández 2
-
1
Universidad de Salamanca
info
-
2
Universidad Nacional Autónoma de México
info
-
3
Universidad Camilo José Cela
info
ISSN: 0213-5973
Año de publicación: 2013
Número: 34
Páginas: 42-59
Tipo: Artículo
Otras publicaciones en: Cadernos de psicoloxía
Resumen
Ata datas recentes non se prestara interese dabondo ao efecto da emoción sobre a memoria prospectiva. Ao empregar métodos tradicionais de indución emocional asumiuse que o estado de ánimo xerado se mantería constante ao longo da proba. Isto non é só un erro, tamén se afasta da funcionalidade real deste tipo de memoria na vida cotiá, onde a emoción aparece de maneira puntual afectando aos factores que participan na súa codificación, retención e recuperación. As tarefas do laboratorio deberían poder poñer en funcionamento estes aspectos para estudar como a emoción afecta aos elementos que participan na memoria prospectiva por separado e non de maneira conxunta. Diferentes estudos investigaron como o contido emocional das claves de recuperación e a tarefa prospectiva, afectan á memoria prospectiva, e tamén se propuxeron enfoques que tentan comprender como as consecuencias positivas ou negativas de realizar a tarefa prospectiva poderían afectar á súa lembranza posterior. Este último punto tería aplicación en campos onde se poida mellorar a probabilidade de execución de condutas programadas, como son as condutas preventivas (por exemplo, non superarei o límite de velocidade, non adiantarei indebidamente, etc.), potenciando a lembranza das consecuencias asociadas á súa non realización.