Impacto da asma relacionado coa calidade de vida, dor e mobilidade relacionada coa saúde dos pés en pacientes adultos
- Daniel López-López Director
- César Calvo Lobo Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 02 de setembro de 2020
- Ricardo Becerro de Bengoa Vallejo Presidente/a
- Marta Elena Losa Iglesias Secretario/a
- Joao Manuel Cunha Da Silva Abrantes Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Introducción: a asma é unha enfermidade pulmonar non transmisible e altamente prevalente asociada a unha menor capacidade de resposta bronquial que pode prexudicar a calidade de vida baseándose en cambios da función pulmonar, trastornos músculo-esqueléticos e alteración posturais. Métodos: realizaronse tres estudos de casos (pacientes diagnosticados de asma) e controis. Avaliouse o umbral de dor á presión no tunel tarsal é no maleolo peroneal (I), o rango de dorsiflexión do nocello e da 1ª articulación metarsofalánxica, a taxa de caídas (II) e o estado de sáude dos pés utilizando o Foot Health Status Questionnaire e o Beck depression inventory nas suas versións españolas(III). Resultados: Os pacientes asmáticos amosaron diferenzas significativas nos seguintes parámetros: diminución do limiar de dor á presión do tunel tarsaiano bilateral (I), menor rango de movemento de flexión dorsal do nocello e da 1ª articulación metatarsofalánxica, maior taxa de caídas (II) e un nivel de calidade deteriorado relacionado coa saúde dos pés na dimensión de calzado (III). Conclusións: Os pacientes diagnosticados de asma amosaron un incremento bilateral da mecanosensibilidade no túnel tarso, una diminución da dorsiflexión das articulación do nocello e do pé, unha maior taxa de caidas e un impacto negativo na calidade de vida.