Elaboración, validación y aplicación de un cuestionario para evaluar las necesidades detectadas por el entorno del Mixed Ability Rugby (Q-NeMAR)
- da Silva Castro, Carla
- David Hortigüela Alcalá Director
- Miguel Á. Saavedra-García Director/a
Universidad de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 23 de junio de 2022
- Helena Vila Suárez Presidente/a
- Cristina López Villar Secretario/a
- Rui Resende Silva Secretario/a
Tipo: Tesis
Resumen
O obxectivo desta tese é identificar os factores necesarios para o éxito do Mixed Ability rugby, á vez que se pretende aumentar o coñecemento desta modalidade deportiva como unha vía para mellorar a inclusión social das persoas en situación de discapacidade. Con este propósito, elabórase e valídase un cuestionario seguindo o método Delphi, o cuestionario Q-NeMAR. Posteriormente, créase e valídase a súa versión en Lectura Fácil para garantir o acceso ao mesmo. Despois, o cuestionario aplícase a deportistas, familiares, persoal dos clubs e árbitros relacionados co Mixed Ability rugby en Arxentina, Chile, Ecuador e España. Como resultado deste estudo, obtense un esquema cos puntos clave para mellorar a visibilidade e a promoción do Mixed Ability rugby nestes países. Entre as conclusións, salienta que o papel da contorna deportiva é fundamental para garantir os dereitos de acceso e participación plena das persoas con discapacidade no deporte. Tamén se conclúe que o deporte Mixed Ability contribúe a cambiar a visión da contorna cara modelos nos que as persoas en situación de discapacidade son recoñecidas como cidadás de pleno dereito.