Entre valados e piñeirais. Achegas arqueolóxicas ao coñecemento da presenza militar romana na Galicia nororiental

  1. Menéndez-Blanco, Andrés
  2. Costa-García, José Manuel
  3. Fonte, João
  4. Gago Mariño, Manuel
  5. Vicente García, Víctor
  6. López Fernández, Pablo
Revista:
Croa. Boletín do Museo do Castro de Viladonga

ISSN: 1575-0639

Any de publicació: 2023

Volum: 33

Pàgines: 52-67

Tipus: Article

Altres publicacions en: Croa. Boletín do Museo do Castro de Viladonga

Resum

Preséntanse os indicios de sete sitios arqueolóxicos localizados a partir de ferramentas de teledetección naprovincia de Lugo. Con diferentes niveis de certeza, proponse a súa interpretación como asentamentos militares de carácter temporal vinculados á presenza do exército romano neste territorio. Ao tempo, a análise da súa morfoloxía e das decisións sobre as localizacións fan estes sitios consistentes con outros campamentos temporais xa estudados previamente no noroeste peninsular. Unha análise espacial dos recintos suxire tamén que respondan a misións ou operativos distintos, e estenden a presenza militar romana ao longo de diferentes vías históricas que penetran no territorio galego desde a provincia de Lugo. O artigo tamén chama a atención sobre o forte proceso de degradación que están a sufrir estas estruturas nos últimos anos, derivada da intensificación da presión antrópica sobre o territorio.